Un lugar ideal para dar un paseo en familia, coas nosas mascotas ou facer deporte. Un camiño cómodo e chaira cuberto de vexetación atlántica e mediterránea, rodeado dunha rica e variada fauna. Réptiles, mamíferos ou as numerosas aves que habitan no encoro, ou que fan unha parada na súa migración, son só algúns dos seus atractivos.

O encoro de Cachamuíña foi rematado en 1954 alterando o trazado histórico do río Loña cun tipo de «presa» chamada de «gravidade». O impacto ambiental foi eficazmente minorado cunha intervención de case 1.8 millóns de euros aportados pota Confederación Hidrográfica do Norte (CHN) e a Deputación Provincial de Ourense. Con esta actuación recuperáronse as marxes do encoro, mellorouse o acceso peonil, instaláronse singulares pasarelas de madeira para salvar as dúas marxes do río, así como diferentes equipamentos deportivos para promover un estilo de vida saudable.

Este importante esforzo entre administracións permite na actualidad e que calquera visitante en camiño dende Ourense dirección a Ribeira Sacra ou cara as serras orientais, incluida a Estación de Montaña de Manzaneda (única en Galicia), quede sorprendido polo fermoso paseo que emerxe a súa esquerda. Aumentando cada ano o seu número de usuarios.

Aparcadoiros do encoro de Cachamuíña

Sendeiro Circular

Distancia 4km

Duración estimada 1 hora

Dificultade Fácil

Ruta para bicicletas

Pistas de terra e pasarelas de madeira.

La necesidad de disponer de un torrente de agua suficiente para impulsar el rodicio, y con él el proceso de molienda, hace que los molinos de estas tierras busquen principalmente las riberas del río Loña y no las de los pequeños riachuelos que lo alimentan.

La mayoría de los molinos se concentran en el tramo medio y alto del río. Su presencia deja huella no solo en las edificaciones de molienda si no que también en la intensa humanización del espacio derivada de su actividad. Desde la red caminos, pasais y ponte/las abiertos para comunicarlo con los principales núcleos de población; hasta las presas y canales construidas para suministrar a los molinos su elemento indispensable: el agua.

PASEO ARREDOR DO ENCORO DE CACHAMUINA.

Un agradable paseo chaira circular arredor do encoro. O lugar ideal para gozar da natureza en familia ou practicando deporte. Descubre as singularidades botánicas, observa as numerosas aves que habitan no encaro ou que fan unha parada na súa migración.

Planifica a túa actividade.

Escolle a ruta adecuada valorando sempre o grupo, idade, horario, expectativas, previsión metereolóxica…

Respeta as normas de cada sendeiro.

• Presta atención aos diferentes sinais, paneis, itinerarios obrigatorios ou restricións temporais.
• Respecta os valores naturais e culturais do lugar, a súa flora e fauna.

Equipa a túa mochila.

• Non será o mesmo pasear até Lamela, nun tramo urbano, que facer unha ruta de sendeirismo ao pé do río.
• Leva sempre o calzado apropiado para cada ruta, roupa de abrigo ou de auga segundo a previsión e protección solar en época estival.
• Non esquezas nunca levar auga e comida para as rutas de máis duración.

Segue as balizas.

• As tres rutas están perfectamente sinalizadas .
• Non se permite realizar novas inscricións, sinais, debuxos ou amoreamentos de pedras.
• En caso de detectar erros ou carencias de sinalización, comuníqueo na web pereiro.gal