Descubre a historia do Concello de Pereiro de Aguiar, as súas xentes e o Ben de Interese Cultural máis senlleiro do municipio con este pequeno paseo polos núcleos de Cachamuíña e Lamela.

A aldea do heroe: Cachamuíña. Neste pequeno pobo naceu e morreu un dos nomes máis coñecidos da historia da cidade de Vigo: Bernardo González del Valle, alcumado por todos co nome do seu propio pobo
(Cachamuíña). Este militar pasaría á historia ao botar abaixo no ano 1809 a Porta de Gamboa da cidade olívica e recuperar a praza daquela ocupada polos franceses. Sería un episodio máis dunha longa Guerra da Independencia contra o dominio francés na Península Ibérica, mais, porén, sería o derradeiro capítulo do noso veciño ao resultar gravemente ferido. Abandonando pouco tempo despois a milicia e retirándose a súa benquerida aldea natal onde morrería décadas máis tarde.

As construcións nobres: Lamela. No núcleo de Lamela encóntranse dous dos mellores exemplos de arquitectura civil señorial da provincia de Ourense: O Pazo de Casa Blanca (na imaxe), e A Torre Lamela.

Aparcadoiro do encoro de Cachamuíña, ao carón da presa. Coordenadas GPS: 42º20'17.S"N 7º48'10.9'W

Ruta Lineal (Sendero NON Circular)

Distancia 3km

Duración estimada 1 hora

Dificultade Fácil

Ruta para bicicletas

Pavimentos, rúas e tramos compartidos de estrada.

ROTEIRO CULTURAL CACHAMUÍÑA-LAMELA.

Un itinerario lineal por dous dos núcleos históricos máis singulares dea xeografía de Aguiar:

• CACHAMUÍÑA, a aldea de nacemento de Bernardo González del Valle, o destacado militar que xogaría un papel chave na defensa de Vigo en 1809 na Guerra da Independencia Española.

• LAMELA, un dos enclaves con mellores mostras de arquitectura civil señorial da provincia de Ourense. Pazos, torres e escudos sancionan o poder de fidalgos e nobres galegos entre os séculos XVI e XVIII.

Planifica a túa actividade.

Escolle a ruta adecuada valorando sempre o grupo, idade, horario, expectativas, previsión metereolóxica…

Respeta as normas de cada sendeiro.

• Presta atención aos diferentes sinais, paneis, itinerarios obrigatorios ou restricións temporais.
• Respecta os valores naturais e culturais do lugar, a súa flora e fauna.

Equipa a túa mochila.

• Non será o mesmo pasear até Lamela, nun tramo urbano, que facer unha ruta de sendeirismo ao pé do río.
• Leva sempre o calzado apropiado para cada ruta, roupa de abrigo ou de auga segundo a previsión e protección solar en época estival.
• Non esquezas nunca levar auga e comida para as rutas de máis duración.

Segue as balizas.

• As tres rutas están perfectamente sinalizadas .
• Non se permite realizar novas inscricións, sinais, debuxos ou amoreamentos de pedras.
• En caso de detectar erros ou carencias de sinalización, comuníqueo na web pereiro.gal