A ruta ideal para os amantes da natureza e a etnografía. Unha rede de sendeiros con diferentes posibilidades de trazado e duración segundo o naso tempo e estado de forma. Pasear os bosques de ribeira e descubrir a fauna de río, comprender a enxeñería hidráulica e o seu papel histórico ou ascencer até os miradoiros dos montes da Chaira.

Un sendeiro que mostra a convivencia harmónica durante sécu las do ser humano co medio natural que o rodeaba. Aproveitando o discorrer das augas do Río Loña como enerxía sustentable para o desenvolvemento económico e social do municipio.

A rede de sendeiros de morfoloxía circular pe rfectamente balizados permite que o usuario escolla o sentido da marcha en función do seu tempo e estado de forma. Optando ben polo bucle corto de 11 km ou o longo de 15km se decide completar a ramificación ata a Área Recreativa.

En calquera das dúas opcións poderemos descubrir os bosques de ribera e a fauna típica no río Loña, ou de montaña dende varios miradoiros nos montes da Chaira. Pero sen dúbida o verdadeiro atractivo desta ruta pasa por coñecer de primeira man, con toda a información ao noso alcance, a enxeñería hidráulica agochada detrás de cada pequeno muíño.

Aparcadoiros do encoro de Cachamuíña (Estrada OU-0508) Coord.GPS: 42º19’33.4″N / 7º47’51.8″W

Sendeiro Circular

Distancia 11km (+ ramificación lineal de 2km)

Duración estimada 4-5 horas

Dificultade Media

Algúns tramos para bicicletas

Pistas de terra, sendeiros, pontes.

A necesidade de dispoñer dun torrente de auga suficiente para impulsar o rodicio, e con el o proceso de moenda, fai que os muíños destas terras busquen principalmente as ribeiras do río Laña e non as dos peq uenos regatos que o alimentan.

A maioría dos muíños concéntranse no tramo medio e alto do río. A súa presencia deixa pegada non só nas edificacións de moenda senón que tamén na intensa humanización do espazo derivada da súa actividad e. Dende a rede camiños, pasais e pontellas abertos para comunicalo cos principais núcleos de poboación; até as presas, can les e levadas construídas para fornecer aos muíños do seu elemento indispensable: a auga.

O MUÍÑO E A SÚA FUNCIÓN.

O cereal foi a base da nasa alimentación dende tempos prehistóricos. Do seu gran resulta o pan que comemos a diario, pero este non nace na terra nin pode colleitarse. O pan é o resultado final dun proceso de transformación e elaboración previo.

Probablemente as nosas propias moas, coas que tritu ramos a comida, fo ran os primeiros muíños da historia. Pronto aprenderíamos a bater man ualmente as ped ras ca gran para obter a fari ña. Un proceso que se iría perfeccionando ca paso dos sécu las até adaptar o mecanismo para que outros, e non nós, fo ran os que fixeran ese esforzo de fricción. Os muíños de tracción, de auga ou de vento parten todos da mesma máxi ma: canalizar a enerxía de ani mais, mareas e ríos, mesmo do ai re, para extraer a fari ña coa que elaborar despois o pan.

Probablemente as nosas propias moas, coas que trituramos a comida, foran os primeiros muíños da historia. Pronto aprenderíamos a bater manualmente as pedras ca gran para obter a fariña. Un proceso que se iría perfeccionando ca paso dos séculos até adaptar o mecanismo para que outros, e non nós, foran os que fixeran ese esforzo de fricción. Os muíños de tracción, de auga ou de vento parten todos da mesma máxima: canalizar a enerxía de animais, mareas e ríos, mesmo do aire, para extraer a fariña coa que elaborar despois o pan.

A localización dos muíños do río La ña, polo co mún fóra dos núcleos habitados, non era obstácu lo para que estes actuaran como centros de agregación social. Entre muiñada e muiñada, mentres se agardaba a quenda de cada quen para moer, estes espazos eran lugares privi lexiados para socializar. Conservando aínda no folklore numerosas referencias:

« Muíños non son muíños,
que son casiñas dos ratos,
onde se dan os cariños
e mais os moitos abrazos. »

« Unha noite no muíño,
unha noite non é nada;
unha semaniña enteira,
¡esa si que é muiñada! »

« O muíño troula, troula
i a iauga faino troular;
i a filia da muiñeira
rabea por se casar. »

A información aquí exposta, así como a grande maioria dos textos recollidos nos diferentes paneis interpretativos da ruta, poden consultarse na publicación do ano 2001 «Molinos de Pereim de Aguiar en el Río Laña» de Jesús José Rodríguez Gamallo, Francisco Javier Limia Gardón e Pablo Rodríguez Barros. Na imaxe, SECCIÓN DUN MUÍÑO DE CANLE E OS SEUS MECANISMOS, do mesmo libro.

ARQUITECTURA E TECNOLOXÍA.

Os edificios que albergan a actividad e de, moenda teñen polo xeral unha estrutura regular, cunha gran simplicidade de volumes. Sitúanse en paralelo co leito do río, en desnivel cara el, co fin de que o torrente de auga desviado na presa metros antes sexa orientado palas canles de levada até a localización exacta do muíño. Polo normal ese mesmo torrente de auga entra pala parte superior da fachada e sae polo lado aposto (parte inferior). No
menor dos casos óptase porque este mecanismo adopte unha posición transversal.

O material de construción é a pedra granítica de cachotería, isto é, anacos de ped ra sen labrar, irregulares, de dimensións medias, pedras trabadas sen axuda de morteiro, xeralmente, buscando o seu mellar asento. Para o enripiado énchense os buratos con pequenas ped ras («rachas»). Os «cachetes» maiores colócanse na parte exterior dos muros, traballados ás veces («cachotería» concentrada), e os menores no interior. Nos ángulos dos edificios e sobre os distintos vans (portas e fiestras), as ped ras selecciónanse con especial coidado. As cu bertas adoitan facerse a dúas augas.

Os muíños estrutú ranse ao interior en dous niveis, o superior ou «terminado» (nome que recibe así mesmo o chan no que cae a fariña), e o inferior, chamado sartén ou «inferno», no que está o mecanismo que move a moa debaixo do piso, que está aberta cara o río.

“Molinos de Pereiro de Aguiar en el río Loña”

No ano 2001 Jesús José Rod ríguez Gamallo, Francisco Javier Limia Gardón e Pablo Rodríguez Barros publicaban un completo estudio dos muíños de Pereiro de Aguiar no río Laña. Aquelas precursoras pedras dispostas por eles foron seguidas por moitas outras até conformar unha monumental presa coa que desviar o curso da historia. Recuperando a súa memoria e fornecendo o cambio de valor no seu uso presente.

Como a levada desvía a corrente do río cara o muíño, e ca seu torrente impulsa o rodicio, o traballo de tantos fixo posible que no outono de 2020 inaugu rárase esta Ruta dos Muíños do Río Laña. Contribuamos a que a pedra siga moendo, gozando do fermoso percorrido que iniciamos aquí e respectando os seus valores naturais e cultu rais, a súa flora e fauna.

Planifica a túa actividade.

Escolle a ruta adecuada valorando sempre o grupo, idade, horario, expectativas, previsión metereolóxica…

Respeta as normas de cada sendeiro.

• Presta atención aos diferentes sinais, paneis, itinerarios obrigatorios ou restricións temporais.
• Respecta os valores naturais e culturais do lugar, a súa flora e fauna.

Equipa a túa mochila.

• Non será o mesmo pasear até Lamela, nun tramo urbano, que facer unha ruta de sendeirismo ao pé do río.
• Leva sempre o calzado apropiado para cada ruta, roupa de abrigo ou de auga segundo a previsión e protección solar en época estival.
• Non esquezas nunca levar auga e comida para as rutas de máis duración.

Segue as balizas.

• As tres rutas están perfectamente sinalizadas .
• Non se permite realizar novas inscricións, sinais, debuxos ou amoreamentos de pedras.
• En caso de detectar erros ou carencias de sinalización, comuníqueo na web pereiro.gal