Ben Cho Shey
Xosé Ramón Fernández Oxea
Xosé Ramón Fernández Oxea naceu na cidade das Burgas o 5 de abril de 1896. Aos 19 anos, Xosé Ramón remata os seus estudos na Escola Normal da súa cidade có premio extraordinario. Tras conseguir superar a oposición realiza os estudos de Artee Arqueoloxía, grazas a unha beca que obtén do Estado, para efectúalos en Francia e Bélxica. Desde moi mozo iniciouse na tarefa de escribir artigos nos xornais baixo algún pseudónimo, como foi o caso de Xan Fandiño.
O 12 de setembro de 1921 é destinado a Melilla como parte do continxente de tropas do exército español que loitaba en África contra Marrocos. Soamente uns meses máis tarde, o 5 de xaneiro de 1922, comeza a escribir as súas primeiras crónicas para o xornal La Zarpa de Ourense, que dirixía o cura agrarista Basilio Álvarez, nesta ocasión baixo o pseudónimo polo que será coñecido o resto da súa vida: Ben-Cho-Shey. O seu novo camiño emprendeuno tras ver como se difundían noticias erróneas o falsas sobre a guerra nos xornais da época. Co seu pseudónimo trataba de agochar a pertenza ao exército español e confundir aos seus lectores a pensar que era un nome árabe. O impacto foi tal que os seus artigos acabaron sendo reproducidos por case todos os xornais galegos, chegando , incluso, a facelo El Socialista de Madrid. A publicación neste último chamou a atención dos seus xefes que lle abriron expediente e lle fixeron un xuizo sumario.
Cando abandonou o exercito, emprendeu a súa carreira de mestre. O seu primeiro destino foi Cariño.
Tras deixar Cariño, foi a escola de Sta. Marta de Moreiras (O Pereiro de Aguiar, Ourense), onde emprendeu unha investigación etnográfica, que acabou recollendo na súa obra Santa Marta de Moreiras. Monografía dunha parroquia ourensá, que non sería publicado ata 1969.
No 1935, o Ministerio de Educación noméano inspector de primeira ensinanza en Lugo. O ano seguinte será proclamado presidente do Partido Galeguista nesa mesma provincia, algo que obrará na súa contra, xa que coa chegada da Guerra Civil e debido as súas ideas galeguistas, será desterrado a Cáceres. Serán 14 anos os que deba pasar no seu novo destino profesional antes de poder obter unha nova praza. Esta chegoulle aos 54 anos, cando se marchou para Madrid. Na capital volverá a traballar a favor da literatura e a cultura de Galicia graza ao contacto que mantivo con outros autores, cós que acabou creando unha agrupación literaria de mozos universitarios á que denominaron Grupo Castelao, que estivo presidida Ramón Cabanillas. Despois pasou a formar parte da agrupación Brais Pinto, que tamén acollía a Bernardino Graña, Bautista Álvarez, Reimundo Patiño, Herminio Barreiro y Méndez Ferrín. Finalmente, asociouse con outros coñecidos galeguistas no Club de Amigos da Unesco, como foron Lois Diéguez, Vicente Vázquez Diéguez, Pilar Allegue e Xohan Soto. Finalmente, o seu último destino foi Toledo.
Ao longo da súa vida foi un intenso articulista que colaborou en importantes revistas con traballos de todo tipo: arqueolóxicos, etnográficos, históricos, pedagóxicos ou heráldicos. En todos eles defende a Galicia e a súa lingua. Algunhas da súas publicacións máis importantes foron: Andrómenas (1953), Berzas (1953), A ducia do frade (1966), Catón Galego (1969), Santa María de Moreiras (1969), Contos de fiadeiro (1973) y O meu Ourense (inédito). Durante a súa etapa en Cáceres e Toledo, escribiu Costumbres cacereñas, Carnavales en Extremadura e Geografía popular toledana.
Foi membro de varias academias e institucións de España, Portugal, Brasil e Arxentina, entre as que se encontran a Real Academia Galega, a Real Academia de Historia, o Instituto de Coimbra, la Sociedade de Xeografía de Lisboa, o Club Internacional de Folclore de Brasil e a Asociación Española de Etnoloxía e Folclore.
De Xosé Ramòn Fernández Oxea escribiu o galego universal Camilo José Cela que este era “un galego en cuxo espello deberíamos mirarnos todos os galegos xa que, na súa superficie bruñida pola sabedoría e os anos, reflexáronse sempre razóns de amor cara a nosa terra e a nosa vapuleada e sempre confusa historia”