Esta ruta funciona como conexión entre a “Ruta dos muíños do río Loña” e a “Ruta dos muíños de Esgos” nas Parroquias de San Xoán de Moreiras e San Miguel de Calvelle.
Aquí comeza un percorrido cheo de frondosidade que te levará a pasear plácidamente por un arboredo típico de ribeira. Paxariños e outros animais da contorna do río vixiarán os teus apracibles pasos entre amieiros, bidueiros, salgueiros, carballos e freixos.
Sendeiro Lineal
Distancia 5,6 Km
Duración estimada 2 horas
Dificultade Baixa
Sendeiros
Planifica a túa actividade.
Escolle a ruta adecuada valorando sempre o grupo, idade, horario, expectativas, previsión metereolóxica…
Respeta as normas de cada sendeiro.
• Presta atención aos diferentes sinais, paneis, itinerarios obrigatorios ou restricións temporais.
• Respecta os valores naturais e culturais do lugar, a súa flora e fauna.
Equipa a túa mochila.
• Non será o mesmo pasear até Lamela, nun tramo urbano, que facer unha ruta de sendeirismo ao pé do río.
• Leva sempre o calzado apropiado para cada ruta, roupa de abrigo ou de auga segundo a previsión e protección solar en época estival.
• Non esquezas nunca levar auga e comida para as rutas de máis duración.
Segue as balizas.
• As tres rutas están perfectamente sinalizadas .
• Non se permite realizar novas inscricións, sinais, debuxos ou amoreamentos de pedras.
• En caso de detectar erros ou carencias de sinalización, comuníqueo na web pereiro.gal