Somos David e Lucía. Encantaranos que vos aloxedes na nosa casa de campo e que a vivades e sintádela como vosa. Cremos que é perfecta para desconectar, reconectar, relaxarse e gozar…

BENVIDOS!

O aloxamento é unha casa de campo familiar adecuada para parellas, familias con nenos ou grupos de amigos, ata 15 persoas en total. Se es unha soa persoa, tamén es bienvenid@ (aínda que pode ser que a casa se che faga enorme!).

Os dormitorios atópanse situados na primeira planta da casa, con dous baños. A cociña e o salón-comedor están na planta baixa, onde hai tamén outro cuarto de baño.

A casa está situada nunha aldea moi pequeniña chamada Casmartiño, con moi poquitos veciños e moita intimidade, no municipio do Pereiro de Aguiar.

En pleno corazón rural galego, Villa Fanta está tamén perfectamente situada para visitar a Ribeira Sacra, cos seus viñedos colgantes e os seus impresionantes mosteiros situados en lugares inusuais.

Estamos aproximadamente a 9 Km do centro da cidade de Ourense, onde podes visitar numerosos lugares de interese, incluída o Roteiro Termal. Ourense ten un fluxo de 4 millóns de litros de auga mineira-medicinal por día, o que a converte na segunda en Europa, só superada por Budapest.

Estamos tamén a 36 km da estación de esquí de Manzaneda, a única estación de esquí de Galicia.

Dirección

Dirección:

Aldea Casmartiño, 7

GPS:

42.322618983153, -7.7684278501859

Teléfono:
Web:

Deixar unha opinión

captcha-input
Precio
Ubicación
Personal
Servicio
Comida
Publishing ...
Your rating has been successfully sent
Please fill out all fields
Captcha check failed