Situado no lugar da Pena que pertence á parroquia de Santa Cristina de Vilariño, podemos acceder a este pazo a través da estrada N-120 (Ourense – Ponferrada).
Realizado entre os séculos XVIII y XIX de estilo popular. O seu edificio principal posúe tres cruxías ao redor do patio. Os muros son de varias épocas. O muro leste destaca polos seus brasóns ao lado dunha fiestra, e ó sur unha solaina con vidreira.
Un muro rodea a propiedade e hai unha serie de edificacións auxiliares con balcóns e escaleiras. Chama a atención un hórreo cunha recargada decoración na sobrepena de pináculos de bóla aberta con cruz.