A Casa Branca ten planta rectangular e unha torre nunha das súas esquinas. Amosa sillares traballados aínda que a torre é de cachotería. O terreo fixo necesario variar o número de plantas. Ao norte hai tres, como na torre, mentres que nas fachadas restantes hai dous niveis. As máis importantes son a norte e oeste. A norte ten un gran lenzo de tres plantas.
A principal, ventás de balcón máis outra saínte sobre unha repisa de pedra con balaustradas de ferro, rematando as paredes nunha cornixa de gola. A fachada occidental é a principal, máis alta, na parte inferior do pazo. Xunto a ela, a torre, incrustada. Na planta baixa pódese ver a porta principal. O acceso ten unha escaleira de pedra con patín.
O segundo andar ten un balcón cunha repisa sobre canzorros e unha balaustrada de ferro. A torre rectangular consta de almenas e tres alturas. Destaca do resto do edificio, que conserva os parladoiros nas fiestras.