Denomínase este muíño deste xeito debido ao nome do seu dono,  tamén coñecido polo de muíño “do Outeiro”, pois sitúase nas inmediacións do lugar deste nome, unha pequena elevación de terreo próxima nesta paraxe de chaira.

Atópase preto do lugar de Boeiros, a aldea máis ao norte da parroquia de Santa Marta de Moreiras. Dende a estrada local de Santa Marta ata Loñoá do Camiño (ou das Olas), tras pasar a saída do lugar de Boeiros, débese tomar unha pista a man esquerda, que é a que vai en dirección a Cebreiros, e ao chegar ao primeiro cruzamento, dirixímonos á dereita, por un estreito camiño que nos leva ao muíño. Dende Cebreiros chegaban ata aquí para moer cruzando o monte de Rañoá. Aínda que debían cruzar o río polo paso do muíño.

Trátase dun muíño de planta rectangular lixeiramente trapezoidal, paralelo ao leito do río, coas fachadas maiores na dirección do curso solar, e entrada polo leste
Nas súas tres cuartas partes, está construído con cachotería concertada, composta con irregulares pezas máis ou menos prismáticas. A estrutura do edificio atópase aínda nun estado bastante bo de conservación, se ben con matizacións, pois na parte máis próxima á entrada o tellado comeza a fenderse.

Situado nunha finca privada, o acceso ao muíño é polo extremo dela, ao lado do muro colateral. Paralelo ao seu muro sur continúa recto, no que parece un paso de carro cara ao outro lado do río. Pero é sen dúbida o paso pola súa singular ponte o que lle dá a este muíño “do Outeiro” unhas características especiais no elenco que analizamos. Trátase dun longo paso (“pasal” ou “pasadoiro”) de rasante horizontal, en forma de “ese”, que se achega ao muíño polo lado noroeste do Loña. Neste lado do río, os veciños de Cebreiros cruzaban por esta ponte de pedra, con ciclópeos piares por base que salvan actualmente o leito en número de dous, nos que se apoian os tres tramos, lousas de considerable tamaño que, do lado de Cebreiros, continúan en curva con outros dous máis pequenos.

No seu entorno: unha paisaxe de bidueiros, principalmente, e de grandes fentos, que medran nas beiras e aos lados da ponte, nos que veñen a pousarse numerosos cabalos do demo.

Sobre as súas lousas, no medio do río  e cuberto pola galería de follas das árbores ribeiriñas, pódense escoitar as voces da vida, mirando cara ao muíño, coas ramas no remanso.

 

Dirección

Dirección:

42.348252373606, -7.7592417001724

GPS:

42.334862406337, -7.7700154783088

Teléfono:

-

Email:

-

Web:

-

Deixar unha opinión

captcha-input
Precio
Ubicación
Personal
Servicio
Comida
Publishing ...
Your rating has been successfully sent
Please fill out all fields
Captcha check failed