Chámase así este espléndido muíño polo alcume do Sr. Luís “o Faba” (que está pintado nunha das portas). Pero tamén é coñecido como “o muíño de Barreiro”. Atópase na parroquia de San Cibrao de Covas, ao oeste dos núcleos de poboación. Ten dous posibles accesos. Un deles dende o campo de fútbol no que xoga o equipo de Loñoá do Camiño (ou das Olas), para o que é preciso tomar o camiño recentemente asfaltado que se atopa á esquerda da “Ponte de Barreiros” ou da da Carabina, sobre o Loña, en dirección ao lugar de Cebreiros, no extremo oeste da parroquia. O outro é cara o leste, en dirección á estrada que vén da Derrasa e Santa Marta.

O edificio do muíño está en bo estado en xeral, tanto no que atinxe aos muros como ao tellado.

Utilizado outrora con gran intensidade polos veciños dos lugares de Cebreiros, Castro de Covas e Loñoá (Loñoá Grande e Loñoá do Camiño), todos eles pertencentes á parroquia de San Cibrao de Covas.

Era o seu dono  quen o mantiña en bo estado ata principos deste século XXI, antes de falecer, tanto exterior como interiormente, coidando que o mecanismo de rotación e os elementos complementarios de madeira sobre as moas funcionen. A canle e a súa presa, ademais da ponte, son merecedores, así mesmo, duns coidados semellantes.

Dende as inmediacións deste muíño pódese contemplar ao solpor, unha paisaxe de serena beleza dende o monte de piñeiros próximo: o lixeiro desnivel do lameiro ata o canal, o muíño rodeado de arbores plantadas polo dono, a vexetación autóctona da ribeira,… diversos tons de verde que o sol ilumina nas follas das árbores.

 

Dirección

Dirección:

-

GPS:

42.348252373606, -7.7592417001724

Teléfono:

-

Email:

-

Web:

-

Deixar unha opinión

captcha-input
Precio
Ubicación
Personal
Servicio
Comida
Publishing ...
Your rating has been successfully sent
Please fill out all fields
Captcha check failed