Edificio de estilo románico do século XIII con numerosas remodelacións posteriores que se enmarcan no estilo neoclásico.
A súa planta é rectangular con presbiterio elevado. A porta de entrada está enmarcada por arquivoltas de medio punto con decoración xeométrica. Sobre ela dúas ventás abucinadas e unha peaña que noutro tempo contivo unha imaxe.
Entre a porta e a peaña consérvase unha inscrición que data a súa nova fábrica en 1803.
A espadana é de dous corpos, o inferior con dous arcos de medio punto que contén as campás e o superior cun só arco.