Igrexa parroquial datada na segunda metade do século XII, seguramente dos seus últimos anos, o que a converte na máis antiga do municipio.
Conta cunha soa nave e ábsida semicircular. A portada principal que se abre cara o oeste, ten arquivoltas de medio punto e tímpano liso, apoiadas sobre dous pares de columnas a cada lado rematadas en capiteis simples.
Ademais conta con outra sinxela porta de arco de descarga semicircular no muro norte que se atopa cegada.
Contén canzorros ao longo das cornixas dos muros laterais.
No seu interior, un arco triunfal apuntado separa a zona do altar dos fieis. Garda una imaxe da Virxe e una cruz procesional de prata de finais do século XVII.