Está datada no século XIX. Conta cunha soa nave que no interior separa a zona do altar dos fieis mediante un arco apuntado.
O exterior é de liñas sinxelas con porta de entrada enmarcada nun arco apuntado. A espadana ten grandes dimensións e dous corpos, coroada por unha cruz sinxela e pináculos de remate nos extremos.