Esta igrexa presenta un estilo barroco característico do SXVIII.
Amosa unha grande austeridade decorativa exterior onde a portada aparece enmarcada por unha robusta moldura, ao igual que a fiestra que se atopa enriba dela.
Posúe unha espadana que se desenvolve en dous corpos: o superior con dous arcos de medio punto separados entre si, onde se atopan as campás e, o superior conta cun só arco. Posúe cinco pináculos dos cales un desapareceu.
Nos ángulos da fachada, o pináculo acaba en bólas abertas que lle confiren unha aparencia vexetal. Tanto a igrexa como a casa reitoral, están situadas no punto máis alto de Covas.