Edificio de estilo neoclásico datado en 1790.
A súa única nave é rectangular, ao igual que a ábsida, sendo esta de maior altura e anchura e con tellado a catro augas. Presenta ademais un corpo anexo na fachada sur.
A espadana é dun só corpo con dous arco de medio punto e coroada por pináculos e cruz latina sinxela.