O encoro de Cachamuiña é un recurso de primeiro nivel situado a menos de 10 minutos da cidade de Ourense.
O paseo ten unha lonxitude de 4 km. Aproximadamente. O percorrido é de dificultade baixa polo que é adecuado para calquera visitante.
O encoro ten diferentes recursos para todas as idades, parque biosaudable, parque infantil, e parque de calistenia.
Outra das ofertas turísticas que nos ofrece este espazo de recreo son “As Casiñas do Encoro”. Trátase de seis construcións respectuosas co medio ambiente que se atopan na caída do lugar de O Vilar. Desde elas o visitante pode contemplar unhas preciosas vistas do encoro e pasar uns días en pleno contacto coa natureza.