Cruceiro datado no século XVIII e situado no pobo de Loñoá.
Érguese sobre unha plataforma de tres chanzos con forma cuadrangular, aínda que o máis grande deles atópase semisoterrado. O pedestal ten forma tamén cuadrangular e conta con inscricións nos seus catro lados, aínda que hoxe practicamente non se poden ler.