Situado no lugar de Lamela pertencente a parroquia de Sta María de Lamela, podemos acceder a este pazo a través da estrada OU-536 (Ourense- A Rúa).
A torre de Lamela remóntase á época medieval e pertencía a Casa da Pena.
A parte máis interesante corresponde á torre que dá nome á casa. É de planta rectangular e de cachotería. Conserva no lado sur unha fiestra con zapatas nos ángulos superiores, e no oeste unha fiestra gótica con arcos, parteluz e arco de medio punto, que están na actualidade tapiadas.
Na fachada oeste da torre, no corpo que linda, ábrese un portalón que dá acceso a un patio ou vestíbulo do que arrinca unha escaleira de pedra con varanda tamén de pedra, que serve de entrada á vivenda.
Sobre a cuberta cabe sinalar a presenza dunha gran cheminea da cociña construída con perpiaños de corte transversal trapezoidal. Leva cornixas con remates limitando os buratos do fume.