Situado no lugar de Santabaia, pertencente á parroquia de San Martín de Moreiras, podemos acceder a este pazo a través da estrada OU-536 ( Ourense- A Rúa).
É unha pequena edificación moi transformada con respecto da planta orixinaria, da que aínda se conserva a cheminea barroca.
O máis destacable deste edificio civil é o escudo nobiliario que adorna a súa fachada: Sotelo, Cadórniga, Aguiar, Barreiro e Lousada.