Esta capela de pequenas dimensións atópase no lugar de Pedraio.
Trátase dunha edificación de estilo popular con planta rectangular dun só corpo e pórtico con columnas e muro de peche de pedra.
A espadana, dun só corpo con arco de medio punto, contén unha pequena campá e está franqueado por pilastras e pináculos con remate en bóla.
A festividade nesta capela celébrase o 27 de xuño.