Edificio de estilo popular que se atopa no lugar de Cimadevila, na parroquia de Santa Marta de Moreiras.
A primitiva capela construíuse sobre o castro de Santa Catalina pero co tempo, foi trasladada ao seu lugar actual.
A súa construción presuponse do século XVII con remodelacións no XIX; é de pequeno tamaño e planta rectangular con cuberta a tres augas.
A fachada non ten apenas decoración; a portada é alintelada e está franqueada por dous ocos abucinados polos que penetra a luz.
A espadana que a coroa ten un só corpo con arco de medio punto rematado nunha cruz sinxela.
O interior continúa a liña sobria que vemos no exterior.
O 25 de novembro celébrase a festividade de Santa Catalina.