Cargando…

Capela dedicada a San Antonio cuxa festividade se celebra o 13 de xuño.Atópase na aldea de Loñoá, tamén coñecida como Loñoá das Olas pola súa tradición oleira que se conmemora cunha festa etnográfica no mes de agosto.

O edificio ten un tamaño considerable e está datado segundo unha inscrición que conserva nun dos laterais, en 1736 pertencendo polo tanto ao Barroco galego. Amosa unha grande austeridade decorativa exterior onde a portada alintelada aparece flanqueada por dous pequenos óculos rectangulares e unha fiestra enriba. Nos seus ángulos, a fachada remata en dous pináculos que tamén coroan a espadana, a cal contén a campá, ten un só corpo e está situada sobre un plinto ben diferenciado

Dirección

Dirección:

Loñoa

GPS:

42.357726781249, -7.7517727509609

Teléfono:

-

Email:

-

Web:

-

Deixar unha opinión

captcha-input
Publishing ...
Your rating has been successfully sent
Please fill out all fields
Captcha check failed