Este é o campo onde se celebra a Romaría dos Gozos. É unha das primeiras romarías que marca o comezo das festas, así coma o lugar de encontro dunha gran cantidade de persoas. Sitúase na Parroquia de Santa Marta de Moreiras, no Concello do Pereiro de Aguiar, nun dos remansos do río Loña.
A romaría cadra na primeira semana da Pascua e comeza cunha novena en honor á Virxe. É tradición o día da festa a procesión que se desenvolve ao redor do Santuario. Vai precedida por cruces e estandartes, e á volta fan unha parada na porta da igrexa, poxan á Santa e comezan a misa cantada.