Atopámonos en Vilar, concello de Pereiro de Aguiar. A 7 km ao Leste da cidade de Ourense. Na porta da Ribeira Sacra.
Nunha contorna idílico, as nosas cabanas son o nexo de unión perfecto entre o visitante e a natureza. Asíntanse sutilmente a modo de miradoiros que focalizan e enmarcan as vistas existentes do encoro de Cachamuíña.
Está formado por seis cabanas de xeometría rectangular dunha única planta que se integran de maneira natural no terreo respectando a topografía do mesmo e que son, ademais, miradoiros elevados desde os que se albisca a beleza do encoro de Cachamuíña en todo o seu esplendor, desde diferentes ángulos e perspectivas.