Estamos situados nunha zona verde a poucos metros do Parque Empresarial do Pereiro de Aguiar, o Parque Tecnolóxico de Ourense e moi preto do parque industrial de San Cibrao das Viñas.
Contamos con 11 habitacións con baño individual e temos unha tarifa especial para empresas e longas estancias.
No noso restaurante podes celebrar eventos sociais como vodas, banquetes, comidas de negocios e por suposto contamos con menú diario e carta, aderezado cun exquisito servizo familiar e esixente para que o cliente repita a experiencia.