Os pazos son o reflexo dunha época, dunha sociedade e dunha forma de vivir que actualmente segue producindo fascinación, non só pola historia que agochan as súas pedras senón tamén pola súa monumentalidade e perfecta integración no entorno natural que unha vez tras outra, aparece transformado pola súa presenza.

O Pereiro de Aguiar posúe dentro do seu territorio unha cantidade importante destas edificacións, cada unha coa súa idiosincrasia particular e unhas características que definen aos que antano estiveron habitando estas fermosas construcións.

Para unha fácil situación dentro da xeografía deste Concello, situamos un enlace do mapa do Concello do Pereiro de Aguiar para que o visitante poida localizalos.

Amosando 1 de 11 elementos

Amosar:
Ordenar por:
Orde: