Pódense definir como “cruz grande, de madeira ou de pedra, que para ser chamada cruceiro debe estar composta por base, fuste, capitel e cruz”, todo isto con máis ou menos esculturas e ornamentacións. Esta ornamentación ten sempre un carácter concreto, as súas figuras son máis simbólicas que decorativas, e as esculturas ou relevos son sempre sobre temas relixiosos. Sitúanse en encrucilladas, en sitios por onde adoitan pasar os cadaleitos ou en puntos onde finou alguén a causa dunha desgraza. Digamos que a primeira cruz de pedra foi creada nas Illas Británicas, e a través do ciclo Carolinxio chegou a Galicia, e tamén que a ruda cruz dos camiños, quizais foi orixinada nas forestas xermanas de “Limes Romanus” a través do ciclo bretón; chegou a Galicia coroando aos miliarios e guiando aos peregrinos que ían cara Santiago de Compostela. Como conclusión, da orixe dos cruceiros dicir que todos os arqueólogos concordan en que a primeira cruz de pedra non foi outra cousa que o mesmo “menhir” convertido ao cristianismo. Resumindo, o cruceiro é un elemento post-románico impulsado polo afán de imitar ás cruces procesionais.

Amosando 1 de 11 elementos

Amosar:
Ordenar por:
Orde: